Aviso legal
Información xeral
As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o "Portal") que A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon a disposición dos usuarios de internet.
O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a A Consellería de Cultura, Educación e Universidade non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Todos os textos, imaxes e arquivos contidos neste sitio web posúen dereitos de autoría e non poden ser reproducidos, na súa totalidade ou en parte, sen autorización escrita dos seus propietarios legais, salvo naqueles que conten cunha licencia de uso que o permita expresamente.
Política de cookies
Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.
Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.
Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.
Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:
- Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
- Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.
Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:
- Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
- Cookies de terceiros: para o caso deste Portal, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.
Tipos de cookies segundo a súa finalidade:
- Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do/a usuario/a polo Portal e o emprego dos servizos dispoñibles nel.
- Cookie analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras nel.
- Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.
Descrición das cookies
Este portal emprega as seguintes cookies:
| COOKIE | TIPO | TEMPORALIDADE | TITULARIDADE | FINALIDADE |
|---|---|---|---|---|
| _ga | Analítica | Persistente | Allea. Condicións do servizo. | Distinción entre persoas usuarias. |
| ga_#id# | Analítica | Persistente | Allea. Condicións do servizo. | Mantén o estado da sesión. |
| SESS#id# | Técnica | Sesión | Propia | Xestión da sesión. |
| xestion_cookies | Preferencias | Persistente | Propia | Preferencias para servizos do módulo Cookies. |
As cookies de terceiros indicadas no cadro e empregadas neste portal son de tipo:
- Analíticas: permiten a medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias polo portal mediante o uso da ferramenta Google Analytics. A información recollida por estas cookies é transmitida a Google de forma anonimizada, polo que estas non recollen datos persoais. En todo caso, se desexa rexeitar o seu uso, siga os pasos indicados en Xestión das cookies.
Xestión das cookies
Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:
- Google Chrome: como borrar, habilitar e administrar cookies en Chrome
- Microsoft Edge: datos de navegación e privacidade
- Mozilla Firefox: información que os sitios web gardan no equipo do usuario/a
- Safari: como xestionar cookies e datos de sitios web en Safari no Mac
- Safari (Iphone e Ipad): como borrar o historial e as cookies de Safari no iPhone, iPad ou iPod touch
No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente.
Protección de datos
As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.
Lei aplicable e xurisdición
Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.