Celebrando o Libro e a Lectura nas Bibliotecas Escolares de Galicia

Día do libro 25
Un día terrible, de mal tempo e contrariedades, aflición e infortunio, desconsolo e malas novas, unha desas xornadas confabuladas para a calamidade, en que todo parece saír mal e nada vai ao dereito. Pero abrir por fin unha porta ao espazo luminoso dun día de verán, descubrir a emoción dun reencontro, culminar unha fazaña vibrante, recuperar un arrecendo da infancia xa logo esquecido, percibir o agarimo dunha amizade sincera, espertar náufrago nunha illa deserta, viaxar a lugares inexplorados, sentir a pulsión do desexo, tremer en seguranza cun medo convulso, notar nos beizos o sabor dos labios amados... abrir un libro!
Manuel Núñez Singala. Día do Libro 2025
O mes de abril pon en valor o traballo que fan as persoas mediadoras , ao longo do ano, arredor do libro e a lectura nas bibliotecas escolares de Galicia.
Imaxe do II Encontro Letras na Praza no CEIP de Carballedo
Velaquí algún exemplos: