Día das Bibliotecas 2025: Contra a DESINFORMACIÓN

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2025.
O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita contra a desinformación.
As bibliotecas combaten a desinformación non só a través dos seus recursos, como as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos, senón tamén a través dun uso adecuado das novas tecnoloxías. E, por encima de todo, as bibliotecas son un dique de contención contra a desinformación grazas ao seu persoal bibliotecario, que traballa como curador de contidos e apoio aos usuarios na procura de información a través de fontes fiables e contrastadas.
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio, lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida. O seu traballo de deseño e planificación de actividades e servizos desenvólvese cunha perspectiva de Axenda 2030 poñendo o foco en que ninguén das nosas comunidades educativas debe quedar atrás.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
#DíaDasBibliotecas #DíaDasBibliotecas25 #ContraaDesinformaciónBibliotecas
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
- CEE Saladino Cortizo (Vigo-Pontevedra): Día das Bibliotecas Escolares
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Día das Bibliotecas, Entrevista na Radio
- CEIP Bergantiños (Carballo-A Coruña): Presentacón do proxecto "Cóntame un conto"
- CEIP de Covas (Viveiro-Lugo): Presentación do PDI 2025 "Seres Covasmola"
- CEIP de Esteiro (Ferrol-A Coruña): Día das Bibliotecas Escolares
- CEIP Euardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Día das Bibliotecas
- CEIP Flavia (Padrón-A Coruña): Día das Bibliotecas I, Día das Bibliotecas II
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Día das Bibliotecas
- CEIP Javier Sensat (Vigo-Pontevedra): Programa, Visita do conselleiro, Contacontos para as familias
- CEIP de Leirado: Mochilas viaxeiras
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense): O noso día internacional das bibliotecas
- CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños-A Coruña): Día das Bibliotecas 2025
- CEIP P. Monte Baliño (Ferreira de Pantón-Lugo): Día das Bibliotecas
- CEIP de Oca (A Estrada-Pontevedra): Títeres e Contacontos
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Arrinca a viaxe da lectura!
- CEIP P. Pintor Laxeiro (Vigo-Pontevedra): Día das Bibliotecas
- CEIP P. da Ramallosa (Teo-A Coruña): Que pasa na biblioteca Ramalloseira?
- CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda-Pontevedra): Celebramos o Día das Bibliotecas, Desinformación
- CEIP San Miguel de Reinante (Barreiros-Lugo): Día das Bibliotecas Escolares
- CIFP Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Día das Bibliotecas, A loita contra as Fake News desde a nosa biblioteca
- CPI P. Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): A túa clase na biblio
- EEI San Roque (Viveiro-A Coruña): Alguén quere enganarnos
- IES A Xunqueira I (Pontevedra): A censura, a desinformación e os bibliocaustos
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): As bibliotecas máis bonitas do mundo, Lecturas que che darán que pensar
- IES do Milladoiro (Ames-A Coruña): Caza ao tesouro literario
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Knolling literario
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz-Lugo): Obradoiro de Podcast "Bibliotecas e adolescentes"
- IES Terra de Xallas (Sta. Comba-A Coruña): Charla sobre o Deseño, Entrega de premios
- IES Urbano Lugrís (Malpica de Bergantiños-A Coruña): Día das Bibliotecas, Charla desInformAción
- IES Vilar Ponte (Viveiro-Lugo): Día das Bibliotecas