Convocatoria do programa Biblioteca Creativa para o curso 2025/26

O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 16 de xullo de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa de BIBLIOTECA CREATIVA, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) para apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación, en espazos creativos e cooperativos no seo das bibliotecas escolares dos centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para curso 2025/26.
Poderán participar neste programa de innovación educativa centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares durante o curso 2025/26, que matriculen alumnado de ensino infantil, educación primaria, educación  secundaria obrigatoria, bacharelato e/ou formación profesional, tanto en réxime ordinario como aprendizaxe permanente, ou ensinanzas artísticas, idiomas e deportivas.
Non poderán participar os centros que se incorporan ao Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2025/26.
O prazo de presentación de solicitudes, será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo.