Instrucións para o desenvolvemento da organización e o funcionamento das bibliotecas escolares no curso 2025/26

O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 1 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da organización e o funcionamento das bibliotecas escolares nos centros docentes non universitarios, de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso académico 2025/26.