Traballos seleccionados no V Concurso de Traballos por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar

Curso 2017/2018

Traballos seleccionados no V Concurso de Traballos por proxectos

Está xa publicada no Portal Educativo a resolución do V CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS, realizados durante o curso 2017/2018, coordinados desde a biblioteca escolar ou realizados co seu apoio. Seleccionáronse 19 traballos de entre os 102 presentados desde diferentes centros. Algunhas categorías ficaron desertas pero distribuíronse os premios dispoñibles seleccionando máis centros de modalidades con moita participación e alto nivel de calidade.

O impulso de moitas bibliotecas galegas, coordinando proxectos de carácter interdisciplinario para o tratamento de contidos curriculares específicos de materiais (ou transversais), están propiciando profundos cambios nas dinámicas de traballo dos centros e nos usos dos espazos educativos, na distribución dos horarios e dos grupos, no aproveitamento dos recursos físicos e tecnolóxicos; tamén nos recursos inmateriais (a cultura do medio), o que fai agromar unha cultura participativa, colaborativa, emancipadora do alumnado, complexa na súa concepción pero que proporciona unha formación integradora, con tarefas esixentes para o alumnado, o que enriquece a súa experiencia e carga a súa mochila de aprendizaxes moi diversos, máis aló do que podería facer unha formación pegada a prácticas vinculadas ao exclusivo uso do libro de texto. Parabenizamos ás comunidades educativas que botan a andar estas experiencias, e a o profesorado que as impulsa, deseña, guía, enriquece coa súa profesionalidade e a súa experiencia, e ademais as dá a coñecer para beneficio de todos. Existen tamén excelentes exemplos de prácticas de investigación nas modalildades de grupo/nivel ou ciclo/departament, así como traballos realizados na materia de libre configuración de secundaria  "Investigación e Tratamento da Información" ("Aprender a investigar", en Primaria), que poden servir de orientación para outros proxectos. Da mesma forma, os proxectos de investigación intercentros son unha práctica que cómpre estender e que pode dar lugar a experiencias educativas moi enriquecedoras.

 

Modalidade

Temática

Centro Seleccionado

Concello

Provincia

Proxecto 
1.
Proxectos Documentais integrados, coordinados desde a biblioteca escolar
XenéricaIES P. Aquis CelenisCaldas de ReisPontevedraA biblioteca aumentada: más alá d’Os nenos da varíola
CEIP Alfonso D. Rodríguez CastelaoVigoPontevedraPalabras que trae o mar
CEIP de CervoCervoLugoCervo alén de Europa
CEIP de LeiradoSalvaterra de MiñoPontevedraLeirARTE: mirar, pensar, crear
CEIP P. Meaño-As CovasMeañoPontevedraConstruímos con Coviña
CEIP Nicolás del RíoCedeiraA
Coruña
Crónicas...” Atalaia do museo Mares de Cedeira
CienciasIES Pedra da AugaPonteareasPontevedraClepsidra. A Sacra Orde do ALFIN
IES Francisco AguiarBetanzosA CoruñaCiencia en feminino. A muller na ciencia e a tecnoloxía.
CEIP Valle-InclánO GrovePontevedraExperimento VI: ciencia e tecnoloxía
CEIP de BaroutaAmesA CoruñaSomos o que comemos
2.a.
Proxectos de investigación de grupo/nivel 
XenéricaIES
Punta Candieira
CedeiraA
Coruña
LÓVA dende a Biblioteca Escolar como base e recursos
IES Celanova Celso Emilio FerreiroCelanovaOurenseConsortes conSorte?
Ciencias
 
CEIP P. Condesa de FenosaO BarcoOurenseExplorando a Galaxia 3B-nus
2.b.
Proxectos de investigación de ciclo/departamento
XenéricaCEIP da Torre-CelaBueuPontevedraDesenterrando os nosos tesouros: A illa de Ons
CEIP Frián-TeisVigoPontevedraCíes, o noso Patrimonio
2.c
Proxectos realizados na materia de 1º /2º de ESO “Investigación e tratamento da información” ou noutras materiais equivalentes en ESO ou primaria
XenéricaIES Xoán MontesLugoLugoDe primeira (-s)
CPI San VicenteA BañaA CoruñaFacendo escola. Proxecto multimedia
3.
Proxectos de investigación intercentros
Xenérica ou científicaCEIP Nicolás del RíoCedeiraA CoruñaDe festas pola Vila!
IES Punta CandieiraCedeiraA CoruñaDe festas pola Vila!