Traballos seleccionados no VI Concurso de Traballos por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar

Curso 2018/2019

Alumnado de ITI do IES Valadares (Vigo-Pontevedra)

Está xa publicada no Portal Educativo a resolución do VI CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS realizados durante o curso 2018/2019, baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.

Seleccionáronse 19 traballos de entre os 84 presentados desde diferentes centros. Algunhas sub-modalidades ficaron desertas pero distribuíronse os premios dispoñibles seleccionando máis centros de modalidades con moita participación e alto nivel de calidade.

Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP). Estos proxectos están propiciando profundos cambios nas dinámicas de traballo dos centros, nos usos dos espazos educativos, na distribución de horarios e grupos, no aproveitamento dos recursos, promovendo unha cultura participativa e colaborativa, emancipadora do alumnado. Parabenizamos ás comunidades educativas que botan a andar estas experiencias, e ao profesorado que as impulsa, deseña, guía, enriquece coa súa profesionalidade e experiencia, e ademáis as difunde e comparte para beneficio común. Existen tamén excelentes exemplos de prácticas de investigación nas modalidades de grupo/nivel ou ciclo/departamento, así como os traballos realizados na materia de libre confuguración de Secundaria "Investigaión e Tratamento da Información" ("Aprender a Investigar en Primaria), que poden servir de orientación para outros proxectos. Da mesma forma, os proxectos de investigación intercentros son unha práctica que cómpre estender e que pode dar lugar a experiencias educativas moi enriquecedoras.

 

ModalidadeTemáticaCentro SeleccionadoConcelloProvinciaProxecto
 1. Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar Xenérica CEIP P. Graxal Cambre A CoruñaConstruímos
 CEIP Milladoiro Malpica de B. A CoruñaO mar que nos dá...!
 
 EOI de Lugo Lugo LugoFalArte
 IES P. Aquis Celenis Caldas de Reis PontevedraAs palabras no Camiño
 
 CEIP P. de Meaño-As Covas Meaño PontevedraPuro teatro
 
 CEIP A.D.R. Castelao Vigo PontevedraPinga a pinga, pensa en verde
 
 Ciencias IES Francisco Aguiar Betanzos A CoruñaBetanzos 800 anos
 
 CEIP Canosa-Rus Coristanco A CoruñaConCIENCIAte
 2.a. Proxectos de investigación grupo/nivel Xenérica CEIP O Coto Negreira A CoruñaA voltas por Galicia
 
 CEIP de Prácticas López Ferreiro Santiago de Compostela A CoruñaPontes para coñecérmonos
 
 IES Xoán Montes Lugo Lugo(A)rroupArte
 Ciencias CEIP Quintela Moaña PontevedraOs Canciños
 
 2.b. Proxectos de investigación ciclo/departamento Xenérica CEIP P. Enrique Barreiro Piñeiro Cambados PontevedraCoidamos do noso para coidar o de todas e todos
 
 Ciencias IES Xoán Montes Lugo LugoO xardín das Hespérides
 
 2.c. Proxectos realizados na materia de 1º/2º da ESO Xenérica IES Valadarés Vigo PontevedraYoutubers por un día
 
 3. Proxectos de investigación intercentros Xenérica ou científica CEIP Nicolás del Río Cedeira A Coruña"Pegadas na iauga". Patrimonio inmaterial: a semente
 
 IES Punta Candieira Cedeira A Coruña"Pegadas na iauga". Patrimonio inmaterial: a semente
 CEIP de Santiago de Oliveira Ponteareas PontevedraXogamos?
 CEIP de Leirado Salvaterra de Miño PontevedraXogamos?