Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015
Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015 de Bibliotecas Escolares de Galicia en Vimeo
Gravación realizada na casa de Agustín Fernández Paz co gallo da concesión do Premio dos Clubs de Lectura 2015, que lle foi entregado no transcurso da VIII Xornada dos Clubs de Lectura, o pasado 5 de xuño en Compostela. Agustín non puido estar presente e no seu lugar recolleu o premio o seu amigo e editor, Manuel Bragado. Porén, os asistentes puideron escoitar ao escritor as súas palabras de agradecemento e unha pequena disertación sobre o poder e a necesidade da lectura.