Hora de Ler?

Imaxe Hora de ler_nena e neno

Porque se precisan tempos para a lectura; porque, como toda necesidade básica, debe integrarse no tempo cotián das nenas e dos nenos, dende moi pequenos para chegar a consolidarse como hábito; porque ao longo do día sempre hai un tempo especial, "unha hora de":

  • Hora de comer
  • Hora de xogar
  • Hora de durmir
  • Hora de bañarse
  • Hora de ler

É hora de ler porque necesitamos historias.

É hora de ler porque queremos saber máis.

É hora de ler porque as nenas e os nenos teñen dereito a coñecer o patrimonio cultural da sociedade na que medran.