Premio dos Clubs de Lectura 2026 para Manuel Rivas

Co gallo da celebración do Día do Libro 2026, publícase a Resolución do 22 de abril de 2026 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,  pola que se recoñece ao escritor Manuel Rivas co Premio dos Clubs de Lectura 2026, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio,  polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2024/25.


No ano 2015 creouse este premio co obxecto de recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono, ao ampliarse o abano de estímulos e intereses. Desde hai dous cursos, contribúe a este recoñecemento o alumnado dos clubs de lectura da educación primaria. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego. Na resolución de creación do premio contemplábase que “o Premio dos Clubs de Lectura poderá entregarse unha soa vez a un autor ou autora. No caso de que o primeiro creador da relación resultante nun curso xa tivese recibido o premio, este seralle concedido ao autor ou autora seguinte na relación”. Até o momento recibiron este galardón os escritores Agustín Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro (2018), María Reimóndez (2019), Andrea Maceiras (2020), Eva Mejuto (2021), Antía Yáñez (2022), Manuel Núñez Singala (2023), Arantza Portabales (2024) e Paula Carballeira (2026).


Manuel Rivas é un dos autoras máis seguido polo lectorado dos clubs de lectura. Estos son os seus títulos están máis lidos no curso 2024/25: Tras do Ceo, Que me queres, amor?, O lapis do carpinterio, A nena lectora e Bala Perdida.

En outubro de 2024 foi distinguido co Premio Nacional das Letras Españolas.

 

Imaxe tomada da páxina da Real Academia Galega