Celebrando o Libro e a Lectura nas Bibliotecas Escolares de Galicia
Cando lemos
percorremos silandeiras as bambolinas dos soños.
Cando lemos
somos a luz do torreiro que alumea nos teus ollos;
somos unha e somos todas sucando contra a marea.
Cando lemos
somos a chuvia que lanza o ar e bate a area.
Cando lemos
prendemos lumes sen chama, arredámonos do frío,
escorrentamos o medo, bebemos sol do resío.
Cando lemos
cruzamos pontes de estrelas tecendo con fío invisible...
porque cando lemos
todo é posible,
sobre todo o imposible.
Eva Mejuto. Día do Libro 2026
O mes de abril pon en valor o traballo que fan as persoas mediadoras, ao longo do ano, arredor do libro e a lectura nas bibliotecas escolares de Galicia.
Imaxe da II Feira do Libro de Outeiro de Rei organizada polo CEIP Laverde Ruíz
Velaquí algún exemplos:
- CEIP P. A Cristina (Carballo-A Coruña): Encontro con Érika Esmorís, Teatro, Visita á Biblioteca Municipal, Traballar un conto
- CEIP de Arteixo (Arteixo-A Coruña): Adopta un libro 2026, Lecturas compartidas
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra): III Encontro "Letras na Praza"
- CEIP P. de Cespón (Boiro-A Coruña): Día do Libro
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Semana do libro, Contacontos do voluntariado
- CEIP Flavia (Padrón-A Coruña): No Día do Libro, xuntanza lectora
- CEIP Javier Sensat (Vigo-Pontevedra): Lecturas compartidas
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): Amadriñamentos lectores
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives): No Día do Libro 2026
- CEIP Monte Baliño (Ferreira de Pantón-Lugo): Merendas literarias, Lecto-bot!, Lendo e contando!, Día do Libro 2026, Concurso Día do libro 2026
- CEIP P. O Mosteirón (Sada-A Coruña): Día do Libro 2026
- CEIP Nosa Sra. das Dores (Forcarei-Pontevedra): As familias tamén contan, Comeza a semana do libro, A nosa radio segue a soar, Quen se agocha detrás dos libros?, Familias de libro
- CEIP P. de Oca (A Estrada-Pontevedra): Celebramos o Mes do Libro
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Día do libro, contos que unen
- CEIP P. da Ramallosa (A Ramallosa-A Coruña): Semana do Libro
- CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros-A Coruña): Lecturas compartidas, Vestindo de gala as nosas lecturas favoritas
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): En abril, libros mil
- CEIP San Miguel de Reinante (Barreiros-Lugo): Semana do Libro
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña): Lecturas compartidas
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Semana do Libro
- CPI Virxe do Monte (Cospeito-Lugo): Semana do Libro
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Abril, abril lecturas mil
- IES Blanco Amor (Ourense): Días de Libro
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Heroes e Heroínas Literarias, Actividades Día do Libro 2026
- IES do Milladoiro (Ames-A Coruña): I Feira de Troco de Libros
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Celebración do Día do Libro
- IES Ribeira do Louro (O Porriño-Pontevedra): Lecturas compartidas
IES Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Se a miña vida fose un libro... que libro sería?, Día do libro 2026: Cal é a túa escolla?