Día Internacional do Libro Infantil 2021

Esteas cómodo na casa

ou atravesando veloz as fronteiras cara unha nova terra

e unha lingua estraña, as historias e poemas

perténcente.

(Margarita Engle)

Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

8M: Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible

O Día Internacional da Muller 2022 reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres. A información máis recente da que dispoñemos permitiunos entender que existe un vínculo fundamental entre xénero, equidade social e cambio climático e recoñecer que, sen igualdade de xénero hoxe, o futuro sostible e equitativo seguirá estando fóra do noso alcance.

8M: Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero

"A invisibilidade social da experiencia das mulleres non é un «fracaso da comunicación humana». Trátase dun sesgo tramado a nivel social que persistiu moito despois de que a información acerca da experiencia feminina estea dispoñible (e a favor da cal mesmo se insistiu publicamente)".
Russ, J. (2019). Cómo acabar con la escritura de las mujeres. Barret & Dos Bigotes

Suscribirse a