25N
Image
NON É AMOR
Por que, nos contos que gardabas, eu era a devorada, por que, na imaxe do amor puro, a moza estaba morta, por que, no mito que teciches, urdiches o abandono, por que, no afán de posuírme, cegaches os meus ollos.
Mírame agora que son silencio, eternidade, mira o meu corpo branco, case azul na quietude, son Ofelia de novo aboiando nas augas, arrastrada na historia dun mundo á túa imaxe. Ofelia case azul, xa para sempre muda, inmóbil perfección de obxecto posuído.... Leer más