30 de xaneiro: Día escolar pola Paz e a Non Violencia nas bibliotecas escolares

Image
Día Escolar da Non Violencia e a Paz 2014

Chega xaneiro ao seu fin pero antes unha data no calendario civil cunha gran potencialidade educadora: O Día Escolar da Non Violencia e a Paz, que se celebra en España desde 1964, e á que se foron sumando múltiples asociacións e colectivos que traballan pola Cultura de Paz, entre eles o Seminario Galego de Educación para a Paz.

As bibliotecas escolares acollen esta data nas súas programacións, programan actividades e recompilan recursos que poñen ao servizo das súas comunidades educativas e, a través de internet, dispoñibles para toda a cidadanía.