Lecturas para explorar o ceo

Cartel da eclipse en agosto 2026

 

 

 

Os libros acompañan o noso camiño na vida: axúdannos a entender o mundo que nos rodea, propóñennos preguntas, dannos azos e respostas, permítennos explorar os nosos sentimentos...

Diante do singular acontecemento astronómico que viviremos este verán, a lectura tamén nos acompaña no camiño da eclipse 2026. É por iso que a Asesoría de bibliotecas escolares propón unha selección de recursos para apoiar a dinamización das bibliotecas diante deste evento histórico.