Lecturas para explorar o ceo
Os libros acompañan o noso camiño na vida: axúdannos a entender o mundo que nos rodea, propóñennos preguntas, dannos azos e respostas, permítennos explorar os nosos sentimentos...
Diante do singular acontecemento astronómico que viviremos este verán, a lectura tamén nos acompaña no camiño da eclipse 2026. É por iso que a Asesoría de bibliotecas escolares propón unha selección de recursos para apoiar a dinamización das bibliotecas diante deste evento histórico.
- Maleta viaxeira da eclipse, Catalina e Lourenzo xogan ás agachadas
- Recursos dixitais na plataforma de préstamo dixital E-LBE.2
- Pinterest, taboleiro da Eclipse
- Díptico A lectura no camiño da eclipse 2026