8 de marzo: Día Internacional da Muller

Image
8M 2013

O calendario civil continúa o seu andar e xa está chamando á porta o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha das datas claves para avanzar na educación para igualdade, na formación de cidadáns e cidadás na procura dunha sociedade máis xusta. 

As bibliotecas escolares achegan recursos e fan propostas de actividades, lideran iniciativas que permitan aos nenos e ás nenas, a mozas e mozos coñecer o mundo no que viven, coñecer a presenza da muller nos distintos ámbitos do saber e nos distintos momentos da historia. E sobre todo, re-coñecer a importancia e a influencia do traballo da muller nos diferentes ámbitos sociais do mundo no que eles viven e medran.

Algúns exemplos poden servir para ver a intensa actividade das bibliotecas escolares galegas nestes días previos ao 8 de marzo: