Día Internacional do Libro Infantil 2019

Image
Día Internacional do Libro Infantil 2019

Coma en anos anteriores, o Ibby (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2019 correspondeulle a Lituania. A autoría do texto e a ilustración son de Kestius Kasparavicius, quen titula a súa mensaxe: Os libros fannos acougar.

Galix, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego.