Convocatoria do programa de Clubs de lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional para o curso 2026/27
Resolución do 28 de agosto de 2026 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se incentiva o funcionamento de Clubs de lectura en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso 2026/27.
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución e finalizará o 28 de setembro de 2026.
Todo o procedemento de solicitude realizarase a través da aplicación informática programas bibliotecas (https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/).
Ficheiros:
Ensinanza:
Departamento:
Colectivo:
Sección: