Día Mundial da Radio 2022: A radio e a confianza

No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión".

Día Mundial da Radio 2023: Radio e Paz

No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión."

#bescolaresgalAbertas polas Letras Galegas 2020

Neste inusual mes de maio, a figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2020 asómase á xanela das bibliotecas escolares galegas. Os nosos espazos permanecen abertos, desde a distancia, para traballar a Ricardo Carvalho Calero e saber máis da súa contribución ao estudo da literatura galega, do seu maxisterio, do seu compromiso coa lingua, da súa poesía e teatro...

Imaxe de María López Pousa

Recursos:

Letras galegas todo o ano nas bibliotecas escolares, en maio tamén

Achégase o día grande das Letras Galegas e as bibliotecas escolares, neste ano 2021, incorporan a Xela Arias ao seu traballo en prol da nosa lingua. A súa mirada incorfomista e creativa, como mestra, editora, tradutora e poeta, convida a facer lectores en galego a través da singularidade da súa palabra.

Na imaxe, collage de Ana Piñón Vale do IES Agra do Orzán de A Coruña.

Velaquí algúns exemplos de actividades nas bibliotecas escolares galegas nestes días de maio de 2021:

Letras galegas todo o ano nas bibliotecas escolares, en maio tamén

Achégase o día grande das Letras Galegas e as bibliotecas escolares, neste ano 2022, incorporan a Florencio Delgado Gurriarán ao seu traballo en prol da nosa lingua. O seu compromiso vital coa terra e a lingua a través do seu traballo como poeta, articulista, editor, tradutor e a súa labor como activista cultural e político, convida a facer lectores en galego a través do achegamento a súa figura.

Na imaxe, colaxe-obxecto de Ana Piñón Vale do IES Agra do Orzán de A Coruña.

Letras galegas todo o ano nas bibliotecas escolares, en maio tamén

Achégase o día grande das Letras Galegas e as bibliotecas escolares, neste ano 2023, incorporan a Francisco Fernández del Riego ao seu traballo en prol da nosa lingua. O seu compromiso vital coa terra e a lingua a través do seu traballo como escritor, activista político e cultural, articulista, editor, tradutor e ensaista, convida a facer lectores en galego a través do achegamento a súa figura.

Na imaxe a biblioteca do IES Valadares (Vigo, Pontevedra)

Suscribirse a