Medremos co libro!

Achégase abril, o mes dos libros (como acostuman a denominalo moitas bibliotecas escolares) e con el unha das datas máis significativas para os mediadores e mediadoras de lectura, o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil no que se celebra o nacemento de Hans Christian Andersen.

#BibliotecasSTOPViolencia

As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.

O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes larvadas de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos produtos audiovisuais), que fixan valores contrarios á igualdade.

#BibliotecasSTOPviolencia

Contra a violencia de xénero

Os equipos de profesoras e profesores que atenden as novas bibliotecas escolares procuran dar resposta a demandas que xorden desde as distintas áreas e materias: as relacións de materiais informativos e libros de ficción, películas, discos, recursos electrónicos, etc, sobre un tema determinado que se quere tratar co alumnado, son un bo exemplo e un dos cometidos que máis pode axudar ao profesorado do centro.

Subscribirse a