Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 23-24

CONFERENCIA: IMPRESCINDIBLES BEDETECA
Image
Miguelanxo Prado

Miguelanxo Prado 
Miguelanxo Prado desenvolve o seu traballo creativo como pintor, ilustrador, guionista, ilustrador de prensa, director de animación e principalmente autoro de cómic. É académicoa numerario da Real Academia Galega de Belas Artes. Creou e dirixiu dende 1998 ata 2022 o festiva de cómic "Viñetas dende o Atlántico", que se celebra anualmente no mes de agosto na Courña.

Vídeo Miguelanxo

EXPERIENCIAS DE CENTROS
NOVAS LINGUAXES NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Santiago Patiño Pérez. IES Francico Aguiar (Betanzos, A Coruña)
Presentación Santiago Patiño Pérez

Sandra Fortes Martínez. CEIP de Carballedo (Cerdedo, Pontevedra) 
Presentación de Sandra Fortes Martínez

BIBLIOTECA ESCOLAR LIA

María Isidora Gil González. IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova, Ourense)
Presentación María Isidora Gil González

Alicia Nimo Liboeiro.CEIP de Outes (Outes, A Coruña)
Presentación Alicia Nimo Liboeiro

Vídeo experiencias centros

BIBLIOTECA ESCOLAR E PROXECTOS

Fátima Romero Olveira. Ceip Milladoiro (Malpica, A Coruña)
Presentación Fátima Romero Olveira

Karina Parga Chao. Ies Perdouro (Burela, Lugo)
Presentación de Karina Parga Chao

MODELO DE BIBLIOTECA ESCOLAR

Asunción Carballo Rodríguez. Ies Valadares (Vigo, Pontevedra)
Presentación de Asunción Carballo Rodríguez

Miriam Area Rodríguez. Ceip da Torre-Cela (Bueu, Pontevedra)
Presentación de Miriam Area Rodríguez

OBRADOIRO: A IA PARA COMO A TÚA COMPAÑEIRA CREATIVA: COLABORANDO CON MÁQUINAS PARA SER MÁIS EFICAR NO DÍA A DÍA
Image
Luís Xabier Martínez Rolán

Luís Xabier Martínez Rolán
Universidade de Vigo

Profesor e investigador en comunicación en liña e marketing dixital, vinculado á Universidade de Vigo como Profesor Titular de Universidade. Ten un doutoramento en Comunicación pola mesma universidade e imparte clases de aplicacións móbiles, comunicación alternativa e marketing online nos graos de Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas. Coordina o Grupo de Innovación Docente "Academ-IA: Intelixencias Artificiais en Educación".

Presentación de Luís Xabier Martínez Rolán

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA
Image
Jorge Campos

Jorge Campos
Jorge Campos (Ourense, 1982) é ilustrador e arquitecto, e defínese como ilustratecto. Como ilustrador, o seu traballo céntrase no ámbito do cómic e da ilustración infantil e xuvenil. Obtivo o primeiro premio en varios certames e impartiu cursos de cómic en escolas e institucións. No 2018, a súa obra ‘Alter·nativo’ (Aira Editorial) obtivo o premio ao Mellor libro de banda deseñada na Gala do Libro Galego. Recentemente ven de publicar traballos a nivel nacional e en Francia.

Presentación de Jorge Campos

MEDIAR LA LECTURA ENTRE FANS Y REDES SOCIALES
Image
Daniel Cassany Comas

Daniel Cassany
Daniel Cassany é investigador en Análise do Discurso na Universitat Pompeu Fabra (Barcelona). Publicou máis de 15 monografías sobre letrismo como Describir el escribir (1988); La cocina de la escritura (1996); Construír la escritura (1999); Tras las líneas (2006); Afilar el lapicero (2007), Para ser letrados (2009), En_línea: leer y escribir en la red (2012), Laboratorio lector (2019) o Enseñar lengua (1993, en coautoría), ademais de arredor de 100 artigos científicos. Foi profesor invitado en institucións de más de 25 países en Europa, América e Asia. O seu último libro é Metáforas sospechosas en Anagrama.

Presentación de Daniel Cassany
Vídeo presentación Daniel Cassany

LOITA CONTRA A DESINFORMACIÓN:CONCEPTOS CLAVE E RECURSOS
Image
Alberto Dafonte

Alberto Dafonte
Universidade de Vigo

É Profesor Titular no departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo, Doutor en Comunicación Audiovisual e Publicidade pola Universidade de Vigo (2010) e Máster en Educación e TIC (e-learning) pola Universitat Oberta de Catalunya (2018). As súas liñas de investigación céntranse na comunicación en redes sociais e os medios dixitais, con especial énfase no fenómeno da desinformación.

Desenvolve a súa actividade investigadora dentro do grupo SEPCOM (Investigación en Comunicación para o Servizo Público) da Universidade de Vigo onde foi co-Investigador Principal entre 2020 e 2023 do proxecto “Narrativas digitales contra la desinformación: estudio de redes, temas y formatos en los fact-checkers iberoamericanos”, financiado pola Axencia Estatal de Investigación.

Presentación de Alberto Dafonte
Vídeo presentación Alberto Dafonte

A COLECCIÓN DE BANDA DESEÑADA
Image
Sira González

Sira González
Licenciada en Documentación e Máster en Bibliotecas Escolares. Leva desempeñando a súa labor bibliotecaria na Biblioteca Municipal Os Rosales da Coruña dende o ano 2009. Coordinadora de clubs de lectura e responsable da comicteca, nos últimos anos imparte formacións tanto a persoal docente como a compañeiras bibliotecarias da Rede de Bibliotecas de Galicia sobre a formación da colección de cómic nos seus centros e a súa promoción entre o público lector. O seu obxectivo é dobre: romper prexuízos con respecto ao medio e achegar a súa lectura a todos os tramos de idade cos que traballamos, no seu caso de 0 a 100 anos.

Image
Xosé Antón Vilaverde Santamarina

Toño Vilaverde
Toño Vilaverde declárase "lector de calquera cousa que caera nas miñas mans dende hai máis de 40 anos". É dependente de Alita Cómics dende o ano 2010. Estudou psicoloxía, mais nunca chegou a ter titulación. Nas súas palabras, "Non son autodidacta porque o devir da vida sempre me cruzou con xente da que aprender cousas".

EXPERIENCIAS CENTROS
LECTURA E FAMILIAS

María José Barros Avilleira. Ceip Montemogos (Bueu, Pontevedra)
Presentación María José Barros Avilleira

Sarah Dumesnil Pérez. IEs Eduardo Blanco Amor (Culleredo, A Coruña)
Presentación Sarah Dumesnil Pérez

Vídeo experiencias centros

LECTURA E VOLUNTARIADO

María Sol Sánchez Moure. Ceip Plurilingüe de Monforte de Lemos (Monforte de Lemos, Lugo)
Presentación María Sol Sánchez Moure

Mariña Fontenla Fortes. CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense)
Presentación Mariña Fontenla Fortes

LECTURAS ARTÍSTICA A TRAVÉS DA BD

Leonisa  Vázquez Chousal. Ceip Nosa Señora de Xuvencos (Boborás, Ourense)
Presentación de Leonisa Vázque Chousal

Alba Alonso Álvarez. IES Francisco Aguiar (Betanzos, A Coruña)
Presentación de Alba Alonso Álvarez

MESA REDONDA: ARREDOR DO LIBRO INFORMATIVO ILUSTRADO

Xulia Pisón e Jorge Campos. Modera Sira González.

Xulia Pisón estudou o Grao de Enfemería e traballou como enfermeira durante uns anos, até que decidiu cambiar de rumbo vital e cursou o Ciclo Superior de Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña, acadando o Premio Extraordinario de Ensinanzas Artísticas no ano 2018. Paralelamente autoeditou diversas obras propias: McCactus, (-1), Legado e outras colaboracións en∞ obras colectivas en fanzines e revistas, cultivando xéneros dende humor gráfico ata Sci-fi. Tamén levou a cabo traballos de ilustración como freelance para algunhas editoriais como Xerais, Baia, Unidad Editorial, e para diferentes institucións e organizacións como a Xunta de Galicia, Concello da Coruña, CIM-UVigo, etc.

Presentación de Xulia, Jorge e Sira
Vídeo mesa redonda Xulia, Jorge e Sira