Biblioteca Inclusiva. Cidadanía na diversidade

Image
Biblioteca Inclusiva. Cidadanía na diversidade

O venres 15 de novembro a EGAP (Escola Galega de Administración Pública) de Santiago de Compostela acollerá a xornada formativa BIBLIOTECA INCLUSIVA. CIDADANÍA NA DIVERSIDADE, organizada pola D.X. de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dentro do seu programa BIBLIOTECA INCLUSIVA, en colaboración co Servizo de Formación do Profesorado.

Asistirá profesorado vinculado á biblioteca escolar de centros públicos e concertados de educación especial, de centros con unidades específicas de atención a alumnado NEAE, así como centros de escolarización preferente, especificamente convocados pola dirección xeral organizadora. Ampliouse a posibilidade de asistencia a profesorado dos departamentos de Orientación destes centros. En total unhas 230 persoas compartirán experiencias e participarán das charlas e talleres previstos no programa que prevé a intervención, entre outros, de Susana Peix, bibliotecaria especialista en accesibilidade e inclusión; Rosa Piquín, experta en materia de bibliotecas escolares e atención da diversidade, e Blanca Mata, xornalista e coordinadora da Asociación "Lectura Fácil Euskadi".

Os talleres correrán a cargo de Paola Guimeráns (Libros pop-up e circuítos), Blanca Mata (Lectura fácil), Felo Couto (Recursos tecnolóxicos e atención da diversidade) e Susana Peix (Unha colección para a biblioteca inclusiva).

Compartirán a súa experiencia no ámbito da atención á diversidade desde a biblioteca escolar os responsables das bibliotecas do CEIP Escultor Acuña, IES Valadares, CEE Manuel López Navalón e CEEPR Juan María.

 

PROGRAMA
PROGRAMA POR UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA (documento descargable)

Lectura fácil: diversidade, inclusión e accesibilidade na lectura
15 de Novembro - 21 de Novembro
Image
Blanca Mata Fauri

Blanca Mata Fauri
Xornalista. Lectura fácil Euskadi

Páxina Lectura fácil Euskadi
Presentación Blanca Mata Fauri

Materiais e propostas para a inclusión a través da biblioteca escolar
22 de Novembro - 28 de Novembro
Image
Rosa Piquín Cancio

Rosa Piquín Cancio
CEIP Veneranda Manzano - Universidade de Oviedo

Mesa de experiencias
29 de Novembro - 5 de Decembro

Ana Rosa González García. CEEPR Juan María (Nigrán, Pontevedra)
Rosa María Cameselle Fernández. CEIP Escultor Acuña (Vigo, Pontevedra)
Asunción Carballo Rodríguez. IES Valadares (Vigo, Pontevedra)
Manuel Andrade Vallo. CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela, A Coruña)

Páxina CEEPR Juan María (Nigrán)
Páxina do CEIP Escultor Acuña (Vigo)
Páxina IES Valadares (Vigo)
Páxina CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela)

Presentación Ana Rosa González García
Presentación Rosa María Cameselle Fernández
Prsentación Asun Carballo
Presentación Manuel Andrade Vallo

Biblioteca inclusiva. Resultados enquisa. Coloquio
6 de Decembro - 12 de Decembro
Image
Biblioteca Inclusiva: cidadanía na diversidade

Asesoría de Bibliotecas Escolares

Biblioteca Inclusiva. Presentación da Asesoría

Obradoiro e-téxtil: Libros, pos-up e circuítos
13 de Decembro - 19 de Decembro
Image
Paola Guimeráns

Paola Guimeráns
Doutora en Belas Artes. Experta en e-téxtiles aplicados á educación

Páxina de Paola Guimeráns
AulaSTEAM (Paola Guimeráns)

Adaptación de textos a LF (Lectura fácil)
20 de Decembro - 26 de Decembro

Blanca Mata Fauri
Xornalista. Lectura fácil Euskadi

Taller Blanca Mata Fauri

Recursos tecnolóxicos e atención á diversidade
27 de Decembro - 2 de Xaneiro

Felo Couto. CPR Nosa Señora de Lourdes-ASPRONAGA (A Coruña)

Páxina CPR Nosa Señora de Lourdes-ASPRONAGA (A Coruña)

Unha colección para unha biblioteca inclusiva
3 de Xaneiro - 9 de Xaneiro
Image
Susana Peix Cruz

Susana Peix Cruz
Bibliotecaria BPM Vilanova i la Geltrú

Páxina de Susana Peix ficheiro
Presentación Taller Susana Peix

Conferencia: Bibliotecas escolares inclusivas e accesibles paso a paso
10 de Xaneiro - 16 de Xaneiro

Susana Peix Cruz
Bibliotecaria BPM Vilanova i la Geltrú

Conferencia Susana Peix

Lecturas no Canmiño
17 de Xaneiro - 23 de Xaneiro
Image
Marta Jaquet

Marta Jaquet. Psicoterapeuta con cans
Fran Varela. CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela)

Páxina de Marta Jaquet 
Blog Biblioteca CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 
Presentación Lecturas no Canmiño