Actualidade

Novas
Coñecemos, da man de nenas e nenos, nais e profesoras, a biblioteca do CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra), unha biblioteca moi activa desde a súa incorporación ao PLAMBE en 2007. Incorporada ao proxecto "Bibliotecas LÍA.2" en 2018, ampliou espazos e funcións, ofrecendo agora maiores posibilidades a toda a comunidade educativa para aprender con recursos diversos e ter acceso a bens e actividades culturais, nunha dinámica de ... ler máis
Novas
Visitamos a biblioteca do CEIP Quintela, de Moaña, integrada no PLAMBE desde a segunda convocatoria en 2006, que evolucionou seguindo as necesidades do seu alumnado e o propio desenvolvemento do modelo de biblioteca escolar para adaptarse ás novas demandas que a sociedade lle vai facendo ao sistema educativo. De sempre, unha das liñas de traballo deste centro foi a colaboración coas familias, tamén desde a biblioteca escolar. En 2018 in ... ler máis
Novas
O CEP Xosé María Brea Segade é un centro integrado no Plan de mellora de bibliotecas escolares desde 2006, na segunda convocatoria deste programa. Foron aló moitos cursos e moitas foron as transformacións vividas por esta biblioteca en paralelo ás mudanzas que se foron sucedendo no mundo educativo nestes últimos quince anos [Vídeo gravado en 2012]. Sempre o protagonismo foi do alumnado e da comunidade educativa no seu conxunto, unha das ... ler máis