Colección
Image
A colección é o conxunto de documentos e recursos de distinto tipo e en diversos soportes que a biblioteca escolar pon ao servizo das persoas usuarias para o desenvolvemento das actividades de ensino e aprendizaxe, a busca de información e a lectura con diferentes finalidades. A maior parte destes documentos localízanse na biblioteca escolar, aínda que tamén poden situarse noutras dependencias do centro (aulas, departamentos, etc.), sempre que estean rexistrados de maneira centralizada. Isto permite evitar duplicidades, a infrautilización ou a perda dos fondos e favorece a súa difusión para o coñecemento e uso por parte de toda a comunidade escolar.