Equipo

Image
Imaxe equipo

A biblioteca escolar debe contar cunha persoa responsable e cun equipo de apoio que aseguren a súa organización e funcionamento. Este equipo debe estar formado por profesorado con formación específica, pertencente a distintos niveis educativos e materias, e contar cunha composición estable que permita dar continuidade ao traballo da biblioteca.

O alumnado forma parte do equipo de colaboradoras e colaboradores que, xunto co profesorado e baixo a súa supervisión, contribúe ao bo funcionamento biblioteca do centro e ao desenvolvemento das súas iniciativas.

De cara a optimización do tempo e os recursos será importante facer unha boa planificación. Dende a Asesoría achégase este material que pode axudar na organización do labor diario na biblioteca escolar.

Coordinación

 

Avaliación