Xestión técnica e documental

Image
Imaxe xestión

A xestión técnica e documental é esencial para o correcto funcionamento da biblioteca escolar xa que garante a organización sistemática da colección e o acceso eficaz á información. A través de procesos normalizados como a catalogación e a clasificación os fondos poden ser localizados con facilidade polas persoas usuarias, foméntase o uso autónomo da biblioteca e optimízanse os recursos dispoñibles.

Cunha boa xestión dos recursos documentais da biblioteca favorécese o acceso e a localización da información e ponse en contacto a persoa usuaria, e os seus gustos, intereses e necesidades, cos recursos que precisa. Para iso é básica unha boa catalogación, coa CDU correcta, e tamén a etiquetaxe de materias e a inclusión dalgunha información (resumo, ligazón web...) que aumentan as posibilidades de uso do recurso.

Documentación