Libros que van e veñen
Libros que van e veñen é unha iniciativa, encadrada no programa Hora de Ler para o fomento da lectura, que busca apoiar o profesorado no seu labor de implicación e colaboración coas familias nas actividades da biblioteca e no empeño por conseguir que as nenas e os nenos desenvolvan hábitos de lectura.
Cando comezou esta iniciativa editáronse folletos informativos con orientacións e posibilidades de colaboración na casa e na escola a través das actividades deseñadas pola biblioteca escolar. Xa asentada como unha actividade cotiá en moitos dos centros con ensinanzas de infantil (bolsas) e primaria (mochilas), a iniciativa tamén se espalla en centros de secundaria e doutros niveis educativos.
As bolsas van dirixidas ó alumnado de infantil para levar os recursos do seu préstamo semanal na biblioteca. As mochilas destínanse a alumnado de todas as ensinanzas de centros públicos contendo un lote de recursos que a biblioteca selecciona de entre os seus fondos para favorecer a lectura en familia e diversas actividades arredor do feito lector.
Bolsas e mochilas envíanse aos centros baixo demanda. Os centros interesados deben solicitalas en ProgramasBibliotecas.
Acceso á aplicación de solicitude
- Documentación