Plan de biblioteca
O Plan de Biblioteca é o documento que debe recoller todas as actuacións levadas a cabo nos diferentes ámbitos de actuación da biblioteca escolar como centro de referencia de recursos da lectura, da información e da aprendizaxe.
Tanto os obxectivos como as actuacións e a avaliación do Plan Anual de biblioteca deberán estar en relación coa organización e xestión, coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, coa formación das persoas usuarias e a adquisición da competencia informacional, co fomento da lectura, co desenvolvemento do Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información e en relación con outras actuacións (biblioteca inclusiva, implicación das familias e comunidade educativa, redes desde a biblioteca escolar etc.).
O primeiro paso para a elaboración do Plan Anual de biblioteca é a análise das prácticas que se están a desenvolver no centro seguindo a planificación anual da biblioteca escolar.