Equipamento

Image
Imaxe equipamento

Cada biblioteca seleccionará os materiais, recursos e equipamento máis axeitados en función do espazo dispoñible, da idade do alumnado e da actividade que desenvolva. Incluirase tamén bibliografía de apoio que facilite e optimice o uso destes recursos, como fondos relacionados coa arte, as manualidades, a reciclaxe, as matemáticas, a física, a bioloxía, a xeografía, a historia, a música, a programación ou a robótica.

Os recursos adquiridos deberán atender a diversidade do alumnado e as diferentes funcións e obxectivos da biblioteca escolar, entre os que se inclúe a mellora da competencia informacional e mediática (ALFIN/AMI), así como o fomento da aprendizaxe por proxectos e doutras metodoloxías activas.

Documentación