Plan LIA
O Plan LIA nace no curso 2010/11 para dar resposta ás actuacións levadas a cabo pola Asesoría de bibliotecas escolares desde a súa creación en setembro do 2003. Desde o primeiro Plan LIA 2010/2015 foise revisando e actualizando, de aí que xurdiran o Plan LIA 2016/2020 e o 2021/2025, que está actualmente en período de avaliación de cara o LIA 2035.
O Plan LIA busca a integración de todas as actuacións da consellería a prol das bibliotecas escolares para a mellora das competencias de lectura, escritura e habilidades investigadoras e de uso da información do alumnado galego. Lectura, Información e Aprendizaxe son os ámbitos de actuación da biblioteca escolar e dan nome a un plan de actuación estruturado en diferentes liñas que se revisan cada catro anos. O Plan ten continuidade logo do seu correspondente informe de resultados, e unha vez analizados logros e ámbitos de actuación que precisan reforzo. Establece a folla de ruta para continuar o traballo a prol das bibliotecas escolares e o fomento da lectura nos vindeiros anos.
- Plan LIA 2021/2025
- Plan LIA 2021/2025 documento completo
- Plan LIA 2021/2025 informe visual
- Plan LIA 2021/2025 resumo
- Plan LIA 2016/2020
- Plan LIA 2016/2020 documento completo
- Plan LIA 2016/2020 resumo
- Plan LIA 2010/2015
- Plan LIA 2010/2015 informe
No ano 2010 o Conselleiro de Cultura, Educacion e Ordenación Universitaria presentaba no Parlamento de Galicia o Plan LIA 2010/2015 de bibliotecas escolares para a Lec
O Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas