Liga escolar de debate
Image
No curso 2025/2026 convócase a I Liga escolar de debate para centros públicos de ensino non universitario da comunidade autónoma de Galicia. Esta liga concíbese como un foro de discusión e diálogo que reforza as actuacións desenvoltas nos centros educativos relacionadas co traballo da competencia en comunicación lingüística. Ten un carácter fundamentalmente formativo e non competitivo, xa que a preparación para o debate fai necesario o exercicio activo da expresión e a comprensión, tanto oral coma escrita, á vez que desenvolve o pensamento crítico, ofrecendo ao equipo docente unha ferramenta de gran utilidade para a formación integral do alumnado e para o desenvolvemento dos contidos de cada materia.
- Convocatorias e resolucións
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución definitiva de centros participantes na I Liga escolar de debate para centros públicos de ensino non universitari