Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2018-2019

ENCONTROS PLAMBE. PRIMEIRA XORNADA
O PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
Image
O plan de mellora de bibliotecas escolares

Asesoría de Bibliotecas Escolares
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Presentación do equipo da Asesoría de Bibliotecas Escolares
PLAMBE: Esquema Resumo de datas e compromisos

Unha biblioteca escolar: Infantil e primaria
Image
Unha biblioteca escolar: infantil e primaria

Magoia Bodega. CEIP As Covas-Meaño (Meaño, Pontevedra)

Presentación Magoia Bodega. CEIP As Covas - Meaño (Chea de vida)

HORA DE LER
Image
Hora de ler

Carmen Rubio. CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense)
IES Rafael Dieste (A Coruña)

Presentación de Carmen Rubio (CEIP Saco e Arce) ficheiro

UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN SECUNDARIA
Image
Unha biblioteca escolar en secundaria
CRITERIOS PARA A SELECCIÓN DE MATERIAIS PARA A COLECCIÓN

Como organizamos a colección dunha biblioteca escolar? Que decisións temos que tomar antes de construíla, que decisións tomamos para renovala? Que tipo de materiais a conforman? Como seleccionamos os materiais máis alá do libro?

A BIBLIOTECA ESCOLAR
Image
Rosa Piquín Cancio
Remote video URL
ENCONTROS PLAMBE. SEGUNDA XORNADA
BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA O SÉCULO XXI. DESENVOLVEMENTO DE COMUNIDADES DE LECTURA

Cales son os camiños para desenvolver comunidades de lectura desde a biblioteca escolar?
As respostas a esta pregunta pasan por proxectar unha visión coherente na escola ao redor da lectura, que apunten primeiro a artellarse con prácticas e realidades actuais, sobre todo integrando o ámbito dixital. Pero tamén é necesario enfrontar con creatividade a mirada existente sobre as actividades de aula ligadas á lectura, favorecendo o desenvolvemento de lectores que elixan o que necesitan e queren ler.

COMA SE FOSE UNHA CEREIXA - POESÍA E INFANCIA

A poesía e a identidade / A poesía e a linguaxe / A poesía e o pensamento / A poesía e representar o mundo / A poesía e a beleza / A poesía e xogar coas palabras

A poesía é a maneira en que a infancia se relaciona coa realidade e aprópiase dela.

EXPERIENCIAS E RECURSOS
SALA OBRADOIRO. AS BIBLIOTECAS NOS OBXECTIVOS DA AXENDA 2030 (ONU)

Sensibilización e acción. Reflexiones sobre o rol clave que as bibliotecas xogan para o acceso á información e, por tanto, para o desenvolvemento das persoas e das comunidades no contexto da Axenda 2030 (cultura, coleccións e recursos pertinentes, alfabetización dixital e informacional, conectividade e acceso a contidos, espazos seguros e plurais/neutrais, aprendizaxe autónoma, aprendizaxe ao longo da vida etc.)

Alicia Sellés
Coordinadora do Grupo de Traballo Axenda 2030 do Consejo de Cooperación Bibliotecaria
Entrevista
Presentación de Alicia Sellés
"Bibliotecas e axenda 2030 tamén na escola" (arquivo audiovisual da intervención de A. Sellés)

SALA 4. MESA 1. BIBLIOTECA ESCOLAR, ESPAZO DE LECTURAS

Covadonga Rodríguez. CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña, Rianxo, A Coruña)
Presentación de Covadonga Rodríguez

Mercedes Teijeiro. IES Agra de Raíces (Cee, A Coruña)
Presentación de Mercedes Teijeiro

Biblioteca escolar, espazo de lecturas. Cova Rodríguez e Mercedes Teijeiro (arquivo audiovisual completo da intervención)

SALA 10. MESA 2. BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS

Magoia Bodega. CEIP Meaño-As Covas (Meaño, Pontevedra)
Presentación de M. Bodega

Proxecto intercentros:
"De festas pola vila". CEIP Nicolás del Río e IES Punta Candieira (Cedeira, A Coruña)
Presentación

Biblioteca escolar, base de exploracións. Mesa 2. (arquivo audiovisual completo da comunicación)

SALA 14. MESA 3. BIBLIOTECA, BASE DE EXPLORACIÓNS

Guadalupe Vilar. IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra)
Presentación (ALFIN)

Belinda Blanco. CEIP de Cervo (Cervo, Lugo)
Presentación

Biblioteca escolar, base de exploracións. Mesa 3. (arquivo audiovisual completo da comunicación)

SALA 25. MESA 4. BIBLIOTECA INCLUSIVA

Juana Vázquez. CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña)
Presentación

Diego López. CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña)
Presentación

SALA 16. MESA 5. RADIO NA BIBLIO

Proxectos colaborativos:
Adoración Fernández. CEIP Pobra de Brollón (A Pobra do Brollón, Lugo)
Flora Grande. CEIP Virxe do Carme (Sober, Lugo)
Presentación de Flora Grande (CEIP de Sober)

Rafael Sánchez-Agustino. CEIP A Lama (A Lama, Pontevedra)
Presentación
Presentación "Radio na Biblio" CEIP A Lama

Experiencias de Radio na biblio. Dora Fernández e Rafael Sánchez-Agustino (Arquivo audiovisual completo da súa intervención)

PRESENTACIÓN DE PÓSTERES
Image
Encontros PLAMBE 2018-2019: Presentación de pósteres

Presentación de pósteres no hall a cargo das persoas responsables de cada póster

OBRADOIROS, EXPERIENCIAS E OUTROS...
SALA SANTIAGO. CENTROS LIA2

Lina García. CEIP A Pedra (Bueu, Pontevedra)
Presentación

Sabela Figueira. IES Basanta Silva (Vilalba, Lugo)
Presentación

Beatriz Fernández. CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra)
Presentación

Arquivo audiovisual da intervención das representantes dos tres centros LIA2. (vídeo)

SALA OBRADOIRO. BIBLIOTECA CREATIVA. TECNOLOXÍA MÁIS ALÁ DA ROBÓTICA

Nesta conferencia preséntanse novos métodos de ensino vinculados a educación maker que xa se consideran unha evolución da robótica educativa. A relatora, como especialista en educación na área dos e-téxtiles, é experta no uso de novos materiais ( fíos, téxtiles ou pinturas condutoras de electricidade) e ferramentas dixitais de iniciación á electrónica e a programación que xorden inspiradas pola experimentación libre que caracteriza os procesos maker. Estas ferramentas foron especificamente deseñadas para romper os arquetipos de xénero no ámbito científico-tecnolóxico e favorecer a incorporación do ámbito artístico nas disciplinas STEM.

María Paola Guimeráns
Presentación
http://paolaguimerans.com/
http://aulasteam.com/
http://prototipadolab.com/
http://creativesoftcircuits.com/

Tecnoloxía máis alá da robótica. Paola Guimeráns (audiovisual completo da intervención)

SALA 25. COMO CREAR VIAXEIROS DO TEMPO: O PATRIMONIO CULTURAL GALEGO PARA RAPACES

As profundas transformacións da sociedade galega levaron a que se perdesen os vínculos vitais e imaxinarios entre os rapaces e o inxente patrimonio cultural que os rodea. Non obstante, o patrimonio cultural do país, tanto inmoble como moble ou o inmaterial, son unha das ferramentas máis efectivas para axudar aos rapaces a desenvolver un sentido da espazo e da identidade colectiva, así como a fomentar o interese pola ciencia e a creatividade. Nesta intervención, coñeceremos experiencias, técnicas e modelos para construír, cos estudantes, un contorno de coñecemento e lecer ao redor do inxente e variado patrimonio cultural galego.

Andrea Fernández Arcos. Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (Pontevedra)
Presentación de Andrea Fernández

Manuel Gago. Consello da Cultura Galega
Capítulo Cero
Academia Edu

SALA 14. PROXECTO LECTOR DE CENTRO

Aurora Ramilo. CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra)
Presentación de Aurora Ramilo

José María Lores. IES San Paio (Tui, Pontevedra)
Presentación de JM Lores

O proxecto lector de centro. Aurora Ramilo e José María Lores (arquivo audiovisual completo da intervención)

SALA10. VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR
SALA 12. RADIO NA BIBLIO

Representación dos 50 centros que participan no programa.

SALA 16. OBRADOIRO: PODCASTING NA ESCOLA

Neste obradoiro seguiranse todas as fases necesarias para rematar coa gravación dun podcast: idea, guión, produción, redacción e realización. Xogarase coa música, os efectos, a voz e o silencio para coñecer a linguaxe radiofónica e trasladar o aprendido á biblioteca. Ademais coñecerase o equipo técnico necesario para facer radio na escola e aprenderanse unhas nocións introdutorias sobre o manexo do mesmo.

Laboratorio de Radio. Sergio Pascual e Lucía Abarrategui. Xornalistas.

https://www.ivoox.com/
http://freemusicarchive.org/
http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/
http://radioitinerantecreativa.blogspot.com/

Presentación utilizada no obradoiro "Laboratorio de Radio"
Obradoiro "Fagamos un programa de radio, paso a paso". (Arquivo audiovisual do obradoiro)

SALA SANTIAGO. BLOGS E PÁXINAS WEB DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Directrices para a construción dun sitio web para a biblioteca escolar. A importancia dunha comunicación eficaz que constrúe comunidades de lectores.

Gemma Lluch. Universidade de Valencia.
Presentación utilizada por Gemma Lluch
Blogs e páxinas web da biblioteca escolar. G. Lluch (audiovisual completo da intervención)

SALA OBRADOIRO. O PAN É MÁIS ÚTIL QUE A POESÍA?
SOBRE RECURSOS E ESTRATEXIAS PARA COMPARTIR VERSOS NAS AULAS

O obxectivo deste obradoiro é fornecer de recursos ao profesorado para que poida introducir a poesía nas aulas nos diferentes niveis educativos, dende a educación infantil ao ensino de adultos. Para iso, ademais de facilitar de certos criterios de selección que permitan ao profesorado valorar que obras son as máis axeitadas para traballar, propoñeranse diferente recursos, estratexias e experiencias didácticas que posibiliten o traballo co verso dende unha perspectiva lúdica, introducindo tamén diferentes xeitos de lectura para achegarse á poesía.

Montse Pena Presas. Universidade de Santiago de Compostela (entrevista)
Presentación de Montse Pena
O pan é máis útil que a poesía? M. Pena (audiovisual completo da intervención)

SALA 25. BIBLIOTECA, ESPAZO CREATIVO DE APRENDIZAXES

Alicia Nimo. CEIP Pepe de Xan Baña (Santa Comba, A Coruña)
Presentación de Alicia Nimo

María Ces. CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo, A Coruña)
Presentación de María Ces

SALA 22/14?? TÉCNICAS DE AFEITADO PARA POEMAS CON BARBA

A linguaxe poética non se respecta. A linguaxe rómpese, muda, cambia os sufixos de exterminio por asteriscos estelares. Temos que aprender a afeitarnos, trocar os bustos estáticos por rostros mutantes, sen definición previa. Temos que aprender a ser X-Men, afectivos e tenros, humanos evolucionados. Que a forza dos versos nos acompañe nesta viaxe como un punto de fuga inesperado.

Carlos Negro. Poeta e profesor de Lingua Galega
Entrevista
https://www.instagram.com/carlosnegro70/?hl=es
Técnicas de afeitado para poemas con barba. Carlos Negro (arquivo audiovisual completo do obradoiro)