Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2025-2026
Daniel Cassany é investigador en Análise do Discurso na Universitat Pompeu Fabra (Barcelona). Publicou máis de 20 monografías sobre letrismo e ensino da lingua, como Describir el escribir (1988); La cocina de la escritura (1996); Tras las líneas (2006), Laboratorio lector (2019) ou Enseñar lengua (1993, en coautoría), e uns 100 artigos científicos en inglés, francés, alemán e xaponés. Colaborou con institucións de máis de 30 países. Os seus últimos libros son El arte de dar clase (según un lingüista) (2021) e Metáforas sospechosas (2023).
Piu Martínez é diplomada en Biblioteconomía e Documentación e Máster en Edición. Cun background centrado sempre no libro: bibliotecaria, catalogadora de fondo antigo, ou investigadora, desde 2010 centra a súa actividade na edición freelance, a formación en mediación lectora e a divulgación do álbum ilustrado. É a editora responsable de publicacións como Anarquía explicada aos nenos, Cartilla Escolar Antifascista ou Gato en el camino de Nicanor Parra, e directora da colección Libros Asombrosos da editorial sevillana Barrett.
Doutora en Xornalismo pola USC, traballou no sector editorial dende 1998 ata 2016 e dende entón ata agora traballa no ámbito da xestión cultural. Especialista en mediación lectora, literatura infantil e álbums ilustrados, imparte cursos de formación para docentes e mediadores, así como obradoiros de escritura e encontros de lectura. Coordina o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e participa en diversos proxectos de xestión cultural relacionados co mundo do libro e da lectura.
En 2021 foi galardoada co premio Bibliotecas Escolares como a autora máis lida do ano e a súa obra de narrativa infantil Neko (Oqueleo, 2021) recibiu o premio á mellor obra infantil nos Premios Follas Novas. Coa obra Queco e Kika (Xerais) recibiu o premio Agustín Fernádez Paz pola Igualdade.