24 de febreiro, Día de Rosalía

Image
Rosalía de Castro

Si pronto non me levades,

¡ai!, morrerei de tristeza,

soia nunha terra estraña,

donde estraña me alcumean,

donde todo canto miro

todo me dice: "¡Estranxeira"!

("Airiños, airiños, aires")

 

O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e a Lectura, publicado pola Consellería de Cultura e Turismo, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Cada ano son máis as institucións que se suman á celebración do DÍA DE ROSALÍA, entre elas as bibliotecas escolares promovendo actividades que achegan ao alumnado a súa vida e obra. Traballos de investigación, lecturas compartidas, roteiros, actividades plásticas e creativas, proxectos multimedia... son algunhas das propostas que nestes días salientan a modernidade e actualidade do seu pensamento.

A Asociación de Escritoras e Escritores en  Lingua Galega convida neste 2020, baixo o lema #ErrantesPoloMundo_drc_20, a celebrar este día co agasallo dun libro e unha flor ás amizades e persoas querida. Publica un manifesto na voz de Daniel Asorey e propón múltiples actividades ás que se poden sumar os centros educativos. Unha proposta para traballar o drama da emigración na voz da nosa poeta.

 

Actividades nas bibliotecas escolares: