24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro (2013)
Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo.
¡Non che teño medo, moucho;
moucho, non che teño medo!
Contra vento e marea, e coma en anos anteriores, as bibliotecas escolares galegas súmanse á celebración do aniversario de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, unha das datas sinaladas no "calendario da lectura" do noso país. Pero nesta ocasión, a celebración é dobre porque neste 2013 cúmprense os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, libro fundamental para as xentes, a lingua e a cultura de Galicia.
Son moitas e variadas as actividades que se levan a cabo estes días nos centros educativos e que xuntan, nunha lectura colectiva da obra da escritora, a grandes e pequenos, para manter viva, nas voces das lectoras e dos lectores, os versos de Rosalía. Moitas destas actividades súmanse á proposta da AELG que trata de involucrar a todos os sectores da sociedade, e nas que o alumnado dos centros cobra un protagonismo alentador. ACCESO AOS VÍDEOS DOS CENTROS
Velaquí algunhas propostas, actividades e recursos que se están a difundir entre o colectivo das Bibliotecas Escolares de Galicia:
- Adhesivo conmemorativo creado por Rosana Rodiles, responsable da biblioteca do CEIP de Pazos (Ferrol) e posto a disposición da Rede de bibliotecas escolares galegas.
- CEIP A Gándara (Monforte de Lemos): Cantares gallegos (Adultos da Comunidade Educativa)
- CEIP Alexandre Bóveda (Redondela): Recursos en verde sobre Rosalía
- CEIP Antonio Pedrosa Latas (Celeiro-Viveiro): Día de Rosalía de Castro. Has de cantar!
- CEIP Carballal-Cabral (Vigo): Aniversario de Cantares Gallegos -- Cantares Gallegos -- Recursos
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume): Día de Rosalía
- CEIP de Andrade (Pontedeume): Rosalía de Castro. Recursos e actividades -- Vinte unha crara noite (recital)
- CEIP de Bandeira (Silleda): Día de Rosalía
- CEIP de Foz nº 1 (Foz): Campanas de Bastabales
- CEIP Doutor Suárez. Biblioteca Chimpalibros (Fornelo de Montes): Has de cantar! (vídeo)
- CEIP Figueroa (A Estrada): Imos bebendo
- CEIP Frián-Teis (Vigo): No día de Rosalía
- CEIP Isaac Peral (Ferrol): Celebración do Día de Rosalía
- CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei): Día de Rosalía, 24 de febreiro de 2013
- CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás): Rosalía de Castro. Recursos -- Vídeo: Adiós ríos, adiós fontes
- CEIP O Ramo (Fene): Miña Santa Margarida
- CEIP Ría de Vigo (Vigo): 24 de febreiro, Día de Rosalía
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): Preparando o día de Rosalía
- CEIP Torre Cela (Bueu): Sempre Rosalía
- CPI de Pontecarreira (Frades): Lecturas Infantil e Primaria -- Lecturas Secundaria
- CPI de San Sadurniño: Guía de recursos
- CRA Amencer (Ribadavia): 24 de febreiro, Día de Rosalía
- EEI Barrionovo (Arteixo): Recursos para o Día de Rosalía -- Díptico -- Celebramos a Rosalía
- IES A Xunqueira II (Pontevedra): Día de Rosalía. 150 anos de "Cantares Gallegos"
- IES de Poio-IES Ribeira do Louro (O Porriño), en colaboración: Cantares fronte á adversidade. Constelación poética...
- IES de Poio (Poio): 150 anos de Cantares Gallegos. Todos con Rosalía
- IES Gregorio Fernández (Sarria): Día de Rosalía (Acto da biblioteca do IES, Biblioteca Fiz Vergara Vilariño, xunto coa Asociación de Escritores en Lingua Galega)
- IES Lama de Castelo (Carnota): Día de Rosalía
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): Lectura de Cantares Gallegos -- Recursos
- IES Pino Manso (O Porriño): Recitando a Rosalía
- IES Rafael Dieste (A Coruña): O Rafael Dieste homenaxea a Rosalía de Castro
- IES Río Cabe (Monforte de Lemos): Día de Rosalía
- IES Sánchez Cantón (Pontevedra): Non che digo nada, pero vaia!
- IES San Paio (Tui): 12 escritores homenaxean a Rosalía -- Club de lectura, Pedra do Acordo: Lendo a Rosalía
- IES Sanxenxo (Sanxenxo): Canta, meniña gaiteira! Club de lectura Engánchate!
A título de exemplo, a programación completa dunha biblioteca escolar arredor deste Día de Rosalía: IES Pazo da Mercé (As Neves): O venres pasado celebramos co noso alumnado e @s nos@s ilustres invitad@s da Escola Unitaria de Vide o día de Rosalía. Intercalamos o visionado de vídeos con poemas musicados e o recitado de poemas da escritora, no caso de "Máis ó que ben quixo un día", co acompañamento ao piano por parte dunha alumna de 1º Bach. Dúas rapazas do club de lectura léronnos "Tecín soia a miña teia" e o Equipo de Escolas Unesco colaborou interpretando "Adios ríos, adios fontes" en Yogote,linguaxe de signos. Presentouse un vídeo colaborativo realizado por un grupo de 2ºESO no que cada imaxe de Rosalía vai asociada ao nome dun alumn@. Atoparédelo no blog do noso equipo de EDLG: http://dinamizaiespazodamerce.blogspot.pt
Ás persoas participantes se lles obsequiou cun cravo bermello e unha tarxeta cun poema e unha ilustración. Aproveitamos o acto para entregar os premios aos gañadores do concurso convocado pola biblioteca no que se debían resolver cuestións sinxelas por escrito sobre Rosalía e a sua obra, traballando en algunha das preguntas aspectos de formación de usuarios/as. Organizado tamén pola biblioteca, celebrouse o sorteo de dous exemplares de "Cantares Galegos" entre o alumnado que entregou unha tarxeta co seu nome e o título dun poema de Rosalía. E, como despedida, a "Alborada de Rosalía" interpretada á gaita por un compañeiro do departamento de Lingua Castelá.