24 de febreiro, Día de Rosalía

Image
Rosalía de Castro

O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e a Lectura, publicado pola Consellería de Cultura e Turismo, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Cada ano son máis as institucións que se suman á celebración do DÍA DE ROSALÍA, entre elas as nosas bibliotecas escolares promovendo actividades que acheguen ao alumnado ao significado da súa vida e obra. Traballos de investigación, lecturas compartidas, roteiros, actividades plásticas e creativas, proxectos multimedia ... son algunhas das actividades que nestes días salietan a modernidade do seu pensamento.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida neste 2019, baixo o lema #LibreOMeuPensamento_rdc_19, a celebrar este día co agasallo dun libro galego e unha flor a amigos e familiares. Publica un manifesto na voz de Ana Romaní e propón múltiples actividades ás que se poden sumar os centros educativos.

Recomendacións para traballar esta data en Rede Lectura.

 

Actividades das bibliotecas escolares: