Acompañamento e mentorización do Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información

A Resolución do 16 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información nos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia; contempla o establecemento dunha rede específica de persoas mentoras que acompañarán os centros educativos no deseño, elaboración e implementación do Plan.
O acompañamento continuo aos centros céntrase na asistencia permanente, presencial e/ou virtual, adaptada ás necesidades específicas de cada centro, garantindo orientación, resolución de dúbidas e apoio en cada fase do proceso.
Impleméntase un seguimento estruturado do proceso de elaboración do Plan a través de 7 sectores, proporcionando asesoramento técnico, apoio e supervisión personalizada para asegurar unha implementación eficaz.