As lecturas convocan eventos extraordinarios
O primeiro que a Paula lle explicaron nada máis chegar ao hotel Novo Muíño foi que Viveiro era unha das zonas mellores para ver a primeira eclipse total de sol nun século. Nesta parte do mundo, claro. Un verdadeiro espectáculo desde calquera punto de vista. Marián Rubí dixéralle que no seu destino estaba escrito un encontro e unha eclipse, e que baixo a influencia dunha eclipse teñen lugar cambios de rumbo, sutís modificacións da carta astral. Aínda que hai tempo que o anuncian en todas as partes, Marián Rubí díxollo hai moitísimos meses, e daquela aínda non o anunciaban en ningures. Ademais, do que se trata é da importancia que ese fenómeno ten para Paula, iso é o significativo da predición. As eclipses convocan eventos extraordinarios nas vidas das persoas que as observan.
Dávila, Berta (2024). A ferida imaxinaria. Xerais
Este verán, a eclipse convocará un evento extraordinario e as bibliotecas escolares de Galicia preparan as súas recomendacións lectoras e os seus préstamos para provocar un encontro coa lectura.
Lecturas coidadosamente seleccionadas para nós, que non deixaremos pasar e habitarán as nosas xeografías lectoras.
Seleccións das bibliotecas escolares de Galicia:
- Biblios Plambe da Estrada (A Estrada-Pontevedra): Recomendacións lectoras verán 2026
- Bibliotecas escolares do Morrazo 2026 (Pontevedra): Recomendacións
- CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia-A Coruña): Recomendacións lectoras para un verán de aventuras!
- CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela-A Coruña): Recomendacións lectoras e xogonas
- CEIP de Arteixo (Arteixo-A Coruña): Recomendacións para ler este verán
- CEIP Baíñas (Vimianzo-A Coruña): Guía de lectura verán 2026
- CEIP P. Barrié de la Maza (Sta. Comba-A Coruña): Verán lector
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra): Recomendacións lectoras para o verán
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): Recomendacións de verán 2026
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Guía de lectura xuño 2026
- CEIP de Esteiro (Ferrol-A Coruña): Recomendacións lectoras para o verán 2026
- CEIP Flavia e CEIP Rosalía de Castro (Padrón-A Coruña): Xa non queda nada
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Suxerencias lectoras verán 2026
- CEIP Javier Sensat (Vigo-Pontevedra): Recomendacións lectoras 2025/2026
- CEIP Laverde Ruíz (Outeiro de Rei-Lugo): Recomendacións lectoras de verán
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense): Recomendacións lectoras
- CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños-A Coruña): Un verán... de conto!
- CEIP P. Monte Baliño (Ferreira de Pantón-Lugo): Recomendacións lectoras para verán!
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Lecturas para o verán 26
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Recomendacións lectoras para este verán
- CEIP San Miguel de Reinante (Barreiros-Lugo): Recomendacións lectoras
- CEIP P. de Seixalbo (Ourense): Recomendacións lectoras verán 2026
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña): Recomendacións lectoras 2026
- CPI P. de Catroverde (Castroverde-Lugo): As nosas recomendacións
- EEI Fina Casalderrey (Pontevedra): Guía de lectura
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Guías de lectura para ollar e palpar
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Lecturas de verán: 90 anos do comezo da Guerra civil española
- IES Eduardo Blanco Amor (Ourense): Recomendacións de lectura en francés e inglés: Un verán de libro!
- IES do Milladoiro (Ames-A Coruña): Mergúllate nun mar de libros
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Recomendacións lectoras para o verán
- IES Praia Barraña (Boiro-A Coruña): Lectores orgullos@s, Recomendacións de verán
- IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense): Lecturas de verán
- IES Ribeira do Louro (O Porriño-Pontevedra): Lecturas para un verán de cine
- IES Urbano Lugrís (Malpica de Bergantiños-A Coruña): Recomendacións estivais