Biblioteca escolar, da información ao coñecemento

Biblioteca escolar, da información ao coñecemento

 

O lema para as bibliotecas escolares durante o curso 2026/27 convídanos a facernos preguntas e a buscar respostas, a ser persoas curiosas que busquen e que indagen, que seleccionen e traballen coa información para crear e compartir coñecemento. Un camiño que comeza e remata na biblioteca escolar, na que conviven diferentes fontes e distintas estratexias de busca, na que atopamos recursos variados que nos permiten transformar a información en coñecemento, na que se integra a cultura impresa e a cultura dixital. Nestes tempos nos que a desinformación condiciona o noso rumbo a biblioteca escolar ten a obriga de visibilizar o seu papel na formación de persoas críticas e de ofrecer á súa comunidade programas estables e sistematizados de alfabetización informacional.

Rena Ortega representa no cartaz deste curso ese camiño que ela percorre cada vez que escribe e ilustra as súas obras. Chama a traballar coa información, a mirar fóra, a percorrer o camiño do coñecemento, a facerse preguntas e buscar respostas, a interesarse polo mundo que nos rodea. Un camiño de aprendizaxe compartida no que a biblioteca escolar ofrece diferentes recursos que acompañaran o proceso de traballo coa información, tanto na busca como na avaliación crítica, no tratamento e no compartir o aprendido.

Na páxina das bibliotecas escolares hai un apartado dedicado a ALFIN/AMI que conta con moita información de interese pra informarse e inspirarse á hora de desenvolver actividades neste camiño da información ó coñecemento. Boa andaina!