Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2025/26

O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 4 de xuño de 2025 da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2025/26
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación desta convocatoria no portal educativo e finalizará o día 4 de xullo de 2025.