Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2020/2021

O Portal Educativo vén de publicar hoxe a Resolución de 16 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2020/2021. Esta iniciativa lévase a cabo coa colaboración da Dirección Xeral de Xuevntude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social.
O seguinte cadro resume o contido do programa e as datas claves para cada unha das modalidades:
| Iniciativa | Finalidade | Características | |||
| 1 | Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria” | Recoñecer bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar |
| ||
| 2 | Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) | Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes. Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial. |
| ||
| 3 | Voluntariado de lectura - A (Primaria) | Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria. |
|