Convocatoria do VIII Concurso de Pódcasts - Radio na biblio para o curso 2025/26

Concurso de Pódcasts

O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 16 de febreiro de 2026 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o VIII Concurso de Pódcasts – Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coa Radio Galega (CSAG), no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para o curso 2025/26. Poderán participar neste concurso centros integrados ou non no programa Radio na biblio.

A iniciativa ten como obxectivo divulgar e poñer en valor a figura de Begoña Caamaño, autora que uniu literatura e xornalismo como instrumentos de coñecemento, reflexión crítica e acción social, cun firme compromiso coa lingua galega, o feminismo e a ciudadanía.

Prazo de entrega de solicitudes do 20 de febreiro ao 19 de marzo.