Día Mundial do Libro 2026
Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional edítase o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2026.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso á Doutora en Xornalismo, escritora e xestora cultural Eva Mejuto, recoñecida polo lectorado infantil e xuvenil galego co Premio dos Clubs de Lectura 2021.
Un fermoso agasallo para as bibliotecas escolares de Galicia que convida a celebrar o libro e a lectura:
"... porque cando lemos
todo é posible,
sobre todo o imposible".