Encontro PLAMBE 2026

O vindeiro 5 de marzo celébrase, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, o Encontro do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2025/2026, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coa lectura, a literatura e o desño e a literatura galega. Ademais, presentarase o novo portal de Bibliotecas escolares de Galicia.
Completan a xornada un total de 16 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, voluntariado, radio, redes e bibliotecas do rural).
Un espazo de encontro, das máis de 900 persoas coordinadoras, no que as bibliotecas escolares deseñan o seu traballo, un ano máis!
- PROGRAMA
- #EPLAMBE26