Letras galegas todo o ano nas bibliotecas escolares, en maio tamén

"É o momento de mudar o mundo; é o tempo do feminismo, é dicir, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e tamén, por que non? Da felicidade".

Begoña Caamaño

Imaxe da biblioteca do IES A Guía de Vigo (Pontevedra)

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2026. Con esta elección quere recoñecerse "a narradora, autora serodia de dúas novelas nas que reescribiu os mitos da Odisea e o artúrico, e mais a xornalista, nun momento en que urxe reconstruír o espazo dun xornalismo para a cidadanía, comprometido coa verdade e co uso do galego. Coa lembranza de Begoña Caamaño, as Letras 2026 serán unha festa asomada á contemporaneidade, á pulsión do presente e á ollada feminista que vertebrou o seu pensamento, o seu traballo intelectual e a súa biografía".

Neste mes, celebramos unha voz feminista que se proxectou na literatura e o xornalismo.

Velaquí algúns exemplos de actividades nas bibliotecas escolares galegas nestes días de maio de 2026: