Novos artigos sobre bibliotecas escolares na Revista EDUGA de xuño de 2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de facer público o novo número da Revista Galega do Ensino (EDUGA), que conta cunha sección fixa de Bibliotecas Escolares. Neste número 89 de xuño de 2025 pubícanse un total de sete artigos, nas tres sub-seccións: Biblioteca escolar, Boas prácticas e Hora de ler. Nestes artigos, atopamos reflexións e actividades sobre o programa Radio na biblio, a Hora de ler, a biblioteca inclusiva e solidaria, as lecturas compartidas, a internacionalización desde a biblioteca e os retos da biblioteca dun CIFP.
Lecturas sobre as que reflexionar e nas que afondar nos días de descanso que se achegan.  

Saber ler é unha cuestión (de) práctica: Hora de Ler

Cristina Novoa Fernández

Exasesora de Bibliotecas Escolares de Galicia 

 Internacionalizar desde a biblioteca escolar.

Experiencias e propostas desde a EOI de Lugo para promover a mobilidade do alumnado.

Alma lópez Figueiras

EOI de Lugo 

 Bibliotecas escolares inclusivas e solidarias no século XXI.

#CAFI_ IncluÍDAS e biblioteca escolar.

Mercedes Teijeiro Gato 

CIFP Compostela (Santiago de Compostela-A Coruña) 

 Os retos e as experiencias da dinamización da biblioteca do CIFP A Carballeira.

Mariña Fontenla Fortes

CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel (Ourense)

Sintonizando cultura desde Radio Petela.

Doa González Gómez

CEIP de Petelos (Mos-Pontevedra) 

 A lectura fácil como ferramenta real para a inclusión.

A lectura é un dereito de todos e todas e para todos e todas.

Miriam Rodríguez Vázquez

CEE Infanta Elena (Monforte de Lemos-Lugo) 

Ler, compartir, aprender.

Creando comunidade a través da lectura. 

Alicia Nimo Liboreiro 

CEIP P. de Outes (Outes-A Coruña)