Recursos e equipamento para a biblioteca escolar

Achegamos un documento coa relación de recursos e equipamento que pode ter unha biblioteca escolar. Cada biblioteca seleccionará os materiais, recursos e equipamento, máis axeitados segundo o espazo dispoñible, a idade do alumnado e a actividade da mesma, así como bibliografía que apoie e optimice o seu uso (fondos de arte, manualidades, reciclaxe, matemáticas, física, bioloxía, xeografía, historia, música, programación, robótica...).
Os recursos que se merquen atenderán a diversidade do alumnado e as múltiples facetas e obxectivos da biblioteca escolar entre os que se sitúa a mellora da competencia informacional e mediática (ALFIN/AMI) así como propiciar a aprendizaxe por proxectos e outras metodoloxías activas.