Resolución provisional da convocatoria do programa Lectura e Familias para o curso 2022/23

O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisonal da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de 7 de decembro de 2022, coa relación dos 50 centros que se incorporan ao programa Lectura e Familias neste curso 2022/2023, así como os 44 centros que solicitaron a continuidade.
Ábrese un prazo de cinco días naturaispara a presentación de alegacións ou renuncias no seu caso.
Na imaxe, encontro de Charo Pita coas familias do CEIP Quintela de Moaña