Traballos premiados no III Concurso de Traballos por Proxectos
Curso 2015/2016
Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares iremos dando difusión detallada dos traballos galardoados no III Concurso de Traballos por Proxectos recollidos na Resolución de 1 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, responsable desta iniciativa integrada no Plan LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe).
Este certame pretende "estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias de traballos por proxectos, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación do equipo de biblioteca escolar ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ou ABP), realizados en centros non universitarios durante o presente curso 2015/2016".
Encádrase nas actuacións en materia de bibliotecas escolares coa intención de impulsar a existencia de bibliotecas que recollan, entre outros, "o deseño e desenvolvemento de programas para a adquisición da competencia informacional ou de uso, tratamento e produción de información nos diferentes soportes e formatos”, así como “as posibilidades que ofrece a biblioteca para a incorporación de metodoloxías innovadoras e consecuentes coas necesidades educativas actuais".
Velaquí un cadro resume dos traballos seleccionados con acceso ás memorias de cada un dos proxectos:
Modalidade | Temática | Título | Centros | Concello | Provincia |
1. Proxectos Documentais integrados, coordinados | Xenérica
| CEIP P. Pepe de Xan Baña | Santa Comba | A Coruña | |
CEIP de Cervo | Cervo | Lugo | |||
CEIP do Xurés | Lobios | Ourense | |||
CEIP P. de Meaño-As Covas | Meaño | Pontevedra | |||
CEIP Valle Inclán | O Grove | Pontevedra | |||
IES Castro Alobre | Vilagarcía de Arousa | Pontevedra | |||
Científica
| CEIP Canosa-Rus | Coristanco | A Coruña | ||
CEIP Lamas de Abade | Santiago de Compostela | A Coruña | |||
CEIP P. A Pedra | Bueu | Pontevedra | |||
CEIP O Piñeiriño | Vilagarcía de Arousa | Pontevedra | |||
2.a. Proxectos de | Xenérica
| CEIP Serra de Outes | Outes | A Coruña | |
CEIP Feliciano Barrera | Ponteareas | Pontevedra | |||
Científica
| CEIP Manuel Rodríguez Sinde | A Guarda | Pontevedra | ||
IES Mestre Landín | Marín | Pontevedra | |||
CEIP Quintela | Moaña | Pontevedra | |||
2.b. Proxectos de | Xenérica
| CEIP Milladoiro | Malpica de Bergantiños | A Coruña | |
2.c. Proxectos realizados na | Xenérica
| IES Xoán Montes | Lugo | Lugo |